03 de juny 2015

I Festival de Teatro Amador Galego AMATEGA. Vigo.



publicat per

Convocase o I FESTIVAL DE TEATRO AMADOR GALEGO AMATEGA que ten como ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que estean federados na Federación de Teatro Amador Galego Amatega que acepten as condicións reflectidas nas bases e tamén todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que non estean federados.
Na edición do ano 2015 establécese un número máximo de 10 grupos.

Modalidade Espectáculos curtos (sketchs): Non sobrepasarán os 20 minutos de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Vigo, dentro dun percorrido deseñado pola Organización. Nesta edición a Asociación Teatro Estepario, A Asociación Arte Pingüe Teatro, xunto coa Federación de Teatro Amador Galego Amatega é a encargada da posta en marcha do Festival Amatega.

O I Festival de Teatro Amador Galego Amatega terá lugar o día 6 de Xuño de 2015 en Vigo.
Pode consultarse o programa nas BASES do FESTIVAL

Poderanse presentar todos aqueles espectáculos que teñan en marcha os grupos participantes. As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en galego.

Enviarase a FICHA DE INSCRICIÓN A través da web da Federación: CUMPRIMENTANDO A FICHA DE INSCRIPCIÓN NA WEB DA FEDERACIÓN:
Páxina web: www.amatega.es
Correo electrónico: federacionamatega@gmail.com programación@teatroestepario.com 
TELEFÓNOS: 628011709/693434756/667232679

A Organización non se responsabiliza das taxas de dereitos de autor, Sgae, contidos e demais incidencias que se poidan derivar da representación dos espectáculos de cada un dos grupos participantes.

A Organización realizará a selección das obras participantes no FESTIVAL AMATEGA e comunicará a resolución. Unha vez comunicada a selección dos grupos, estes deberán efectuar o ingreso correspondente ao custo dos servizos utilizados (hotel, xantar, cea, almorzo). Hotel Axis : Habitación + almorzo: 35€ Xantar: 10€ Cea: 10€ Pensión completa: 50€.



Mais información: www.amatega.es

Encetem temporada, comença l'espectacle!

Amb la celebració de la Festa Major de Manresa,  donem el tret de sortida a la nova temporada del Kursaal.  Us hem preparat una tardor que a...