08 de juny 2016

Ciclo Domingos a Escena 2016, Ferrol, A Coruña. ESPAÑA



Convocase o Ciclo Domingos a Escena 2016, Ferrol aberto a todos os grupos de teatro afeccionados de ámbito autonómico e dacordo a seguintes BASES de participación:

1.- Co obxecto de contribuír a potenciar, desenvolver e estender a afección ao teatro convócase o ciclo Domingos a Escena 2016, que estará organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.
2.- A participación está aberta a todos os grupos de teatro afeccionados de ámbito autonómico.
3.- Os grupos que opten á participación deberán cubrir o formulario engadido (anexo I) a modo de solicitude e acompañalo da seguinte documentación:
Fotocopia do CIF.
Fotocopia do documento de exención do IVE.
Declaración responsable de estar ao corrente do pagamento das obrigas tributarias a nivel estatal e autonómico e coa Seguridade Social.
Certificado de que os seus estatutos cumpren o disposto na Lei orgánica 1/2002.
Autorización da SGAE, para o caso de que a obra non sexa orixinal do grupo de teatro.
DVD da obra ou enlace co fin de poder visualizar a obra.
Foto promocional da obra.
Ficha técnica e artística, incluída duración.
Sinopse da obra.
Historial da compañía ou grupo.
Nome, apelidos, teléfono e correo electrónico da persoa responsable do grupo.
Certificado bancario da conta da compañía teatral, onde se fará o pagamento.
A documentación que se presente deberá ser orixinal ou copia compulsada.
4.- A información e documentación requirida deberá remitirse no prazo de dez días hábiles contados a partir da data de publicación no DOGA do anuncio desta convocatoria para poder participar no ciclo entre os meses de xaneiro a maio de 2016.
E deberá remitirse dende o 01.06.2016 ao 11.06.2016 para a participar no ciclo entre os meses de setembro a decembro de 2016, ao seguinte enderezo:
Ciclo Domingos a Escena
Concello de Ferrol
Concellería de Cultura
Praza de Armas, s/n
15402 Ferrol
5.- Non haberá limitacións ao número de grupos e propostas. Ningunha obra poderá ter sido representada anteriormente no ciclo Domingos a Escena.
6.- As actuacións terán lugar os domingos no Centro Cívico de Caranza entre xaneiro e maio de 2016 e entre setembro e decembro de 2016.
7.- Pagamentos. Cada grupo participante recibirá 550 euros brutos. Nos grupos que non pertenzan a unha entidade exenta da presentación do IVE, a antedita cantidade incluirá o IVE. É necesario en todos os casos emitir factura a nome do Concello de Ferrol.
8.- As actuacións serán públicas e de balde e non se poderán utilizar en actos privados.
9.- Será por conta do persoal do grupo a carga e descarga do material, o montaxe e a desmontaxe da obra ao finalizar a representación.
10.- A documentación presentada non se devolverá e pasará a formar parte dos arquivos da Concellería de Cultura.
11.- Os grupos participantes, seleccionados ou non, aceptan as bases desta convocatoria, sen reserva ningunha.
12.- Calquera grupo seleccionado que non se presente á representación na data que se lle atribúa sen estar debidamente xustificada a súa non presentación, será automaticamente excluído para a seguinte edición.
13.-En ámbalas dúas partes do ciclo deixaranse dous grupos de reserva para posibles incidencias.

Bases

Publicat per
2 de juny de 2016
Enllaç

Encetem temporada, comença l'espectacle!

Amb la celebració de la Festa Major de Manresa,  donem el tret de sortida a la nova temporada del Kursaal.  Us hem preparat una tardor que a...