31 d’octubre 2016

VIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017, A Coruña. ESPAÑA



Convocase o VIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos, organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos e que terá lugar os sábados 4, 11, 18 e 25 de febreiro de 2017. O encontro só está aberto a grupos de teatro afeccionado.

O horario das representacións será ás 20:00 horas.
O lugar de tódalas representacións será a Aula de Cultura Xulio Cuns, situada nos baixos do Edificio Liceo (praza de Galicia no 1).
Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.
As obras poderán ser representadas tanto en galego como en castelán e deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.
Toda compañía que desexe participar no Encontro deberá enviar á Agrupación Teatral

Mariñán a documentación que se indica nas BASES por correo electrónico á dirección: agrupacionteatralmarinan@gmail.com. Ou por correo postal á dirección:
Agrupación Teatral Mariñán
Rúa Compostela, nº 5, 2º C.
15160 Sada, A Coruña.
Especificando: VIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017.

O prazo límite para a presentación da documentación conclúe o 30 de novembro de 2016.
A organización abonará a cantidade de 400 € a cada compañía seleccionada para o Encontro en concepto de dietas por participación.

Bases

Publicat per
24 d’octubre de 2016
Enllaç

Encetem temporada, comença l'espectacle!

Amb la celebració de la Festa Major de Manresa,  donem el tret de sortida a la nova temporada del Kursaal.  Us hem preparat una tardor que a...