Es mostren els missatges amb l'etiqueta de comentaris festival galego de teatro amador de galiza. Mostrar tots els missatges
Es mostren els missatges amb l'etiqueta de comentaris festival galego de teatro amador de galiza. Mostrar tots els missatges

20 de juny 2013

PROGRAMA de EstéNarúa, Festival Galego de Teatro Amador de Galiza. Ferrol.




publicat per
10 de juny de 2013

EstéNarúa é o Festival Galego de Teatro Amador de Galiza, un Festival no que se amosa a cidadanía o traballo dos diversos grupos de teatro afeccionado que traballan o longo do territorio da Comunidade Autónoma de Galiza.
Por outra banda é un espazo para a convivencia entre os actores e actrices integrantes dos diversos grupos de teatro e de intercambio de coñecementos, opinións, e para levar a cabo iniciativas en conxunto sobre o teatro afeccionado en Galiza.
Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que acepten as condicións reflectidas nas bases.
Poderéran participar todas aquelas persoas que o desexen de xeito individual, aínda que non pertenzan a ningúnha agrupación teatral.
Na edición do ano 2013 establécese un número máximo de 13 grupos.
Modalidades:
Espectáculos curtos (sketchs):Non sobrepasarán os 10 minutos de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Ferrol, dentro dun percorrido deseñado pola Organización. Nesta edición a Asociación Cultural e Ártistica Ti e máis eu Teatro é a encargada da posta en marcha do Festival “EsténNarúa”. (No caso de que haxa inclemencias meteorolóxicas, as actuacións trasladaránse a espazos cobertos).
Espectáculo teatral completo: Levaráse a cabo a REPRESENTACIÓN DUNHA OBRA DE TEATRO que terá como escenario o Centro Cultural Torrente Ballester. A Organización dotará con 150 € ao grupo de teatro  PARA AXUDA DO TRANSPORTE.
As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en galego.
Enviarase a FICHA DE INSCRICIÓN E VIDEO da obra (ANEXO I)   por correo ordinario certificado antes do 13 de Xullo a o noso domicilio social:

ASOCIACIÓN CULTURAL “TI E MAIS EU TEATRO”.
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 Baixo, porta 1
15401 – FERROL.

OUTROS DATOS DA ASOCIACIÓN:
Correo electrónico: tiemaiseuteatro@yahoo.es
TELEFÓNOS: 677893176 (Fina.)  677776342 (Ángeles.).