publicat
per
10 de juny
de 2013
EstéNarúa é o Festival Galego de Teatro Amador de Galiza, un
Festival no que se amosa a cidadanía o traballo dos diversos grupos de teatro
afeccionado que traballan o longo do territorio da Comunidade Autónoma de
Galiza.
Por outra banda é un espazo para a convivencia entre os
actores e actrices integrantes dos diversos grupos de teatro e de intercambio
de coñecementos, opinións, e para levar a cabo iniciativas en conxunto sobre o
teatro afeccionado en Galiza.
Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de
Galicia que acepten as condicións reflectidas nas bases.
Poderéran participar todas aquelas persoas que o desexen de
xeito individual, aínda que non pertenzan a ningúnha agrupación teatral.
Na edición do ano 2013 establécese un número máximo de 13
grupos.
Modalidades:
Espectáculos curtos (sketchs):Non sobrepasarán os 10 minutos
de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Ferrol, dentro dun
percorrido deseñado pola Organización. Nesta edición a Asociación Cultural e
Ártistica Ti e máis eu Teatro é a encargada da posta en marcha do Festival
“EsténNarúa”. (No caso de que haxa inclemencias meteorolóxicas, as actuacións
trasladaránse a espazos cobertos).
Espectáculo teatral completo: Levaráse a cabo a
REPRESENTACIÓN DUNHA OBRA DE TEATRO que terá como escenario o Centro Cultural
Torrente Ballester. A Organización dotará con 150 € ao grupo de teatro PARA AXUDA DO TRANSPORTE.
As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en
galego.
Enviarase a FICHA DE INSCRICIÓN E VIDEO da obra (ANEXO
I) por correo ordinario certificado
antes do 13 de Xullo a o noso domicilio social:
ASOCIACIÓN CULTURAL “TI E MAIS EU TEATRO”.
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 Baixo, porta 1
15401 – FERROL.
OUTROS DATOS DA ASOCIACIÓN:
Páxina web: www.tiemaiseuteatro.com
Correo electrónico: tiemaiseuteatro@yahoo.es
TELEFÓNOS: 677893176 (Fina.)
677776342 (Ángeles.).
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada