publicat per
14 octubre de 2014
Convocase o VI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos
2015, organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos
aberto a grupos de teatro afeccionado.
O VI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos terá lugar
no mes de febreiro de 2015. Máis concretamente os sábados 7, 14, 21 e 28 de
dito mes.
O horario das representacións será ás 20 horas.
O lugar de tódalas representacións será a Aula de Cultura
Xulio Cuns, situada nos baixos do Edificio Liceo (praza de Galicia no 1).
Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das
cales só poderá ser seleccionada unha.
As obras poderán ser representadas tanto en galego como en
castelán e deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.
Toda compañía que desexe participar no Encontro deberá
enviar á Agrupación Teatral Mariñán a documentación que se indica nas BASES por
correo electrónico á dirección: agrupacionteatralmarinan@gmail.com
Ou por correo postal á dirección:
Agrupación Teatral Mariñán
Rúa Compostela, no 5, 2o C.
15160 Sada, A Coruña.
Especificando: VI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos
2015.
O prazo límite para a presentación da documentación conclúe
o 30 de novembro de 2014
A organización abonará a cantidade de 300 € a cada compañía
seleccionada para o Encontro en concepto de dietas por participación.
MAIS INFORMACIÓN: www.agrupacionteatralmarinan.blogspot.com
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada