publicat
per
16 de març de 2014
Convocase o II Festival Galego de Teatro Amador EstéNarúa
2014, que se celebrá en Ferrol o 24 e 25 de Maio de 2014
O Festival de Teatro Amador ten como ámbito a Comunidade
Autónoma de Galicia, máis na súa segunda edición, adquirirá un ámbito tanto
Nacional coma Internacional debido as novidades engadidas no Programa do Evento
.
Poderán participar:
Persoas ou Grupos Teatro:
Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de
Galicia que acepten as condicións reflectidas nas bases.
Poderéran participar todas aquelas persoas que o desexen de
xeito individual, sempre e cando pertenzan algunha agrupación teatral de
carácter afeccionado/amador.
Na edición do ano 2014 establécese un número máximo de 13
grupos.
Programadores/as e Técnic@s Culturais:
Poderán participar @s Programadores/as Técnic@s Culturais en
representación de calquera Concello.
Deberán aboar por persoa de 49 € antes do 15 de Maio (En
concepto de Aloxamento, Xantar, Cea, Almorzo e Picnic.)
Modalidade Única: Espectáculos curtos (sketchs):
Non sobrepasarán os 15 minutos de duración e presentaránse
en espazos abertos da cidade de Ferrol, dentro dun percorrido deseñado pola
Organización. A Asociación Cultural e Ártistica Ti e máis eu Teatro é a
encargada do Festival “EsténNarúa”. (No caso de que haxa inclemencias
meteorolóxicas, as actuacións trasladaránse a espazos cubertos).
O II Festival de
Teatro Amador EstéNarúa terá lugar os
días 24 e 25 de Maio de 2014 en Ferrol.
Poderanse presentar todos aqueles espectáculos que teñan en
marcha os grupos participantes.
As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en
galego.
Cumprimentarase o Formulario de Inscrición telemático antes do 15 de Abril
A gravación das montaxes enviarase, como indican as BASES,
mediante correo ordinario certificado a o noso domicilio social, ou poderase
remitir por outros medios de carácter telemático, Dropbox, enlace Youtube,
etc.. antes do 15 de Abril
Datos para os envíos:
ASOCIACIÓN CULTURAL “TI E MAIS EU TEATRO”.
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 Baixo, porta 1
15401 FERROL.
Outros datos da asociación:
Páxina web: www.tiemaiseuteatro.com
Correo electrónico: tiemaiseuteatro@yahoo.es
TELEFÓNOS: 677893176 (Fina.)
677776342 (Ángeles.).
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada