Convocase o IX Encontro de Teatro Afeccionado
de Betanzos que terá lugar os sábados 3, 10, 17 e 24 de febreiro de 2018.
O lugar de tódalas representacións será a Aula
de Cultura Xulio Cuns, situada nos baixos do Edificio Liceo (praza de Galicia
no 1). O horario das representacións será ás 20:00 horas.
Dado o seu carácter, o Encontro só está aberto
a grupos de teatro afeccionado.
Cada grupo pode presentar o número de obras
que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.
As obras poderán ser representadas tanto en
galego como en castelán e deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.
Non se poderán presentar obras seleccionadas
en edicións anteriores deste certame, pero si poderán participar compañías que
teñan participado en anos anteriores.
Todo grupo que desexe participar no Encontro
deberá enviar a documentación indicada nas BASES, especificando: IX Encontro de
Teatro Afeccionado de Betanzos 2018, á Agrupación Teatral Mariñán:
Ou por correo postal á dirección:
Agrupación Teatral Mariñán
Rúa Compostela, no 5, 2o C.
15160 Sada, A Coruña.
O prazo límite para a presentación da
documentación conclúe o 30 de novembro de 2017.
A organización aboará a cantidade de 400 € a
cada grupo seleccionado para o Encontro en concepto de dietas por
participación.
Más información:
publicat per
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada