14 de novembre 2006

A escola de teatro de Lalín prepara o seu segundo musical


5 de novembre de 2006

Autor de la imagen: MIGUEL SOUTO
(Firma: Amelia Ferreiroa lalín)
O primeiro musical realizado na capital dezá fora todo un éxito, polo que dende a Escola Municipal de Teatro de Lalín existían fortes desexos de repetir a experiencia. Nembargantes artellar un proxecto destas características non é nada doado. «Requírese de tempo e de persoas interesadas en colaborar. A nosa intención é que o musical comece a andar neste ano», comenta o director da Escola Municipal de Teatro de Lalín Xosé Manuel Ogando Montes. O guión, totalmente orixinal, e a música -da que se encarga o lalinense Iago Mouriño- están a piques de rematarse. Un ano levan dende a escola artellando este novo proxecto, o segundo musical que verá a luz na capital dezá. «O ideal sería dispór de 12 meses de preparación, pero xa iremos vemos sobre o terreo. Agora mesmo, unha vez estén rematados definitivamente o guión e a música, imos comezar co proceso de seleción de artistas. Entre este mes de novembro e decembro desexamos ter todo o elenco de artistas e de músicos, xa que tamén se precisan para este ambicioso proxecto».Sesenta persoas se subirán ao escenario, segundo as previsións dos organizadores, que serán as encargadas de dar vida ao grupo coral, musical e artístico. Ogando Montes insiste en que se precisarán artistas de todas as idades, dende os 4 anos en adiante. Un musical que será un conto de fadas. «Tén algo que ver co conto de Blancanieves, pero trátase dunha novidosa adaptación que convida a reflexionar sobre situacións moi habituais e que ocorren a cotío».