
7 octubre 2006
Tricicle presentará os días 22 e 23 de novembro a obra «Sit» no espazo cultural
O teatro e a danza serán os principais protagonistas da programación neste trimestre
Cándida Andaluz
O teatro e a danza serán os principais protagonistas da programación neste trimestre
Cándida Andaluz
Lugar: ourense
? ano 2006 é o primeiro que o auditorio municipal de Ourense programa enteiro. Ata a data polo espazo cultural da capital pasaron 70.560 espectadores (a obra ¡Ay Carmela! e a actuación de Luis Piedrahita, foron os espectáculos máis vistos). Unha cifra que se verá incrementada en número despois do último trimestre da xornada, debido principalmente a que será nos próximos tres meses cando o número de espectáculos sexa maior. O teatro e a danza coparán a maioría das actuacións no auditorio, destacando entre todas elas a presenza dos cataláns Tricicle que visitarán a cidade os días 22 e 23 de novembro coa obra Sit . A primeira das citas será mañá da man de Sarabela Teatro que porá en escena a obra Macbeth , de William Shakespeare, á que seguirá o día 10 O pecado do lobo unha obra orixinal escrita, dirixida e interpretada por xóvenes creadores galegos. Salomé , de Oscar Wilde, chegará o día 13 ao auditorio con Millán Salcedo e María Adánez como principais protagonistas. Outro dos pratos fortes do trimestre será o espectáculo 5 mujeres.com , os días 21 e 22 deste mes (con dúas actuacións diarias) a cargo de Marta González de Vega, Ana Millán, Neus Sanz, Elisa Mantilla e Pilar Sánchez. En novembro poderase ver, ademais da actuación de Tricicle, a do Teatro Experimental Flaviense, o día 18, coa obra María Mantela .Xa en decembro a programación teatral iníciase con Talía. Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense que presentará o día 1 a obra Entre ambos ríos . Seguirá a peza teatral Tres versiones de la vida de Yasmina Reza e o día 9 Mofa e Befa presentará Sempre ao lonxe co Kiko Cadaval, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz. Finalmente, Teatro de Ningures pechará a programación teatral do auditorio o día 16 de decembro coa obra Tartufo .
Danza na Rede
A danza iniciarase a próxima semana (o día 10) con Víctor Ullate e a representación de El Sur , ao que seguirá o Ballet Estatal del Palacio de la Música de Kiev con Romeo y Julieta . Xa en decembro, o día 8 e dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a compañía de Pepe Hevia representará Delicado Abismo .No mesmo ciclo inclúese o espectáculo de danza da compañía Galega de Danza Contemporánea V alle rosa o día 15 de decembro; e a compañía Inquedanza con En la cuenca de tus ojos o día 22. Seguiranlle o día 29 Studio Compañía de Danza con D e meu e o día 30 Larumbre Danza que representará Tuti Frutti . Tamén haberá a oportunidade de desfrutar da ópera -un dos espectáculos preferidos dos ourensáns-. O día 25 deste mes o Teatro Musical de Praga representará Juana de Arco e o día 24 de novembro o Teatro de Ópera e Ballet estatal de Jarkov porá en escena a obra Don Giovanni .
Escolares
Os nenos tamén desfrutarán do auditorio a través de iniciativas de teatro escolar. Os días 16 e 17 de novembro a compañía Artello Teatro Alla Scala 1:5 representará De fábula e os días 20 e 21 do mesmo mes L¿Om Imprebis achegará a obra Moon. Tamén poderán desfrutar de cine xa que o día 30 de proxectarase para eles El viaje del emperador , un conto entre documental, ficción e reportaxe. A música estará presente no auditorio da man de Dave Hollan Quintet o día 26 de novembro cun concerto de jazz ao que lle seguirá a Orquesta de Cámara Checa y Coro de Cámara de Praga, o día 13 de decembro, cun programa musical variado. O coro de danzas del coro de Niños huérfanos de Uganda pisará o escenario do auditorio o día 23 nun concerto solidario. Finalmente, o día 27 haberá o tradicional concerto de Nadal.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada